A nosa primeira e máis querida receita
Notas a cereais torrados con matíz de caramelo, seguido do sabor frutado das grandes cervexas americanas, nas que predomina un final amargo e moi refrescante.
American Pale Ale 5´4% ABV - 40 IBU
Festa de lúpulo para engatar os sentidos
Cervexa fiel ao estilo americano e de aspecto brillante. O lúpulo é o principal protagonista da nosa DDH IPA, chea de notas cítricas e tropicais, cun fondo marcadamente especiado e resinoso, que fan desta cervexa algo realmente refrescante. Os lixeiros toques tostados do malte e o corpo de avea, casan co amargor propio do estilo.
DDH IPA 6´7% ABV - 60 IBU
Por que Irmaos de Lei?
Facemos cervexa artesanal na nosa vila. Fabricamos en Galicia, na provincia de Pontevedra, o noso almacén sitúase en Vigo, co que o suministro é direto.
De aí o fator diferencial dos nosos sabores e aromas. Non buscamos vender cervexa a calquera costa: mantemos o control sobre o produto para que chegue as maos do cliente no mellor estado.
Os subprodutos resultantes das elaboracións son aproveitados para alimentar o gando local e fertilizar os campos. Unha parte dos beneficios vai destinado a obras sociais e medioambientais na comunidade galega.
Envianos unha mensaxe